Entrevista con Nacho Carretero, autor de Fariña.
- Casa da Cultura Galega en Copenhague
- Oct 1, 2017
- 4 min read

“Fariña” rescata para o público galego e nacional un tema dun tremendo calado mediático, político e sociolóxico. A que se debeu que semellante historia permanecese latente e allea ó interese popular durante tanto tempo?
Non creo que fose allea ao interese xeral. Os medios de comunicacións galegos sempre fixeron unha gran labor informando sobre o contrabando e o narcotráfico. E, en Galicia, coido que sempre tivemos presente esta problemática.
Dito isto, sí é verdade que tiñamos pendente sacar este asunto das páxinas de sucesos dos xoranais e explotalo narrativa e culturalmente sen complexos, como fan en Italia coa mafia ou en América co narco. Non só é unha oportunidad, é tamén unha obriga por en valor este, aínda que negro, capítulo da nosa historia recente.
Cal de todo os factores que mencionas en “Fariña” -xeografía, infraestructura, historia de contrabando- cres que tivo maior relevancia para que o narcotráfico florecera de forma exitosa en Galicia?
Todos en conxunto explican o fenómeno. A xeografía é vital para o éxito na introducción de mercadoría, de claquera tipo. Esto propiciou unha infraestructura e tradición que os carteis latinomaericanos aproveitaron como socios. O contrabando foi unha consecuecia de toda esta tradición de filtrar mercadoría. E o narcotráfico, o culmen.
Cres que a mentalidade galega axudou á opacidade coa que se tratou o tema do narcotráfico na nosa comunidade e a que os narcos gozaran da impunidade que tiñan?
Opino que sí hai certa mentalidad pechada na sociedade galega. Unha especie de “non é asunto meu”, que propicia, nalgunha ocasións que teñan éxito actividades ilegais. Pero non creo que sexa, nin moito menos, responsabilidade da sociedade galega. De feito, foron os veciños e as nais dos drogodependetes quenes alzaron a voz por primeira vez, fronte a desidia de políticos e autoridades. Así pois, a sociedade galega foi clave para que o narcotráfico non fora a máis.
“Farina” está plagada de anécdotas moi novelescas pero que son reais como a vida mesma. Todas elas, adobadas dunha dose deliciosa de humor galego. Por exemplo, pareceume increible a historia do párroco local que acepta o suborno do narco e cambia a procesión da Virxe do Carme para que se poida facer unha descarga na ría. Isto …, é moi galego ou é moi galega a forma de contalo?
Non sei se é moi galega a forma de contalo, sei que é a miña forma de contalo, que son galego. Dende logo a cominación dunha activiade como o narcotráfico e unha sociedade tan singular como a galega, da como resulta unha colección de anécdotas deliciosas para un narrador.
Este libro trata unha temática escura da nosa historia recente dunha forma fresca e desligada de formalismos encorsetados. “Fariña” atrapa ao lector dende a primeira páxina. Existe certo perigo en facer glamouroso ou en romantizar a figura do narco?
Existe, claro. Pero creo que a responsabilidade de non ver así a esta xente e do lector. Claro que describo vidas de luxo e glamour. Claro que describo personalidades atractivas e carismáticas. Pero tamén describo que todos eles remataron no cárcere e marxinados pola sociedade. É glamouroso iso?
O resto do país coñece o tráfico de drogas na nosa comunidade, pero ignora o porqué e as consecuencias que tivo. Segue estando Galicia illada do resto de España? En que medida contribuimos os galegos a ese illamento?
O illamento é outro factor que explica o éxito do contrabando e posterior narcotráfico. A falta de conexións xeográficas e económicas co resto de España propiciou a procura doutros circuitos para dispor do que o Estado non proporcionaba. Hoxe en día ete illamento non é tal. Ao menos non é o que foi. Sen embargo, é verdade que fora de Galicia existe un gran descoñecemento de ata que nivel e canto poder tivo e ten o narco en Galicia. Esperemos que Fariña axude a compréndelo.
Hai pouco tempo, filtrouse unha antiga foto do presidente da Xunta nunha lancha con Marcial Dorado, empresario que actualmente cumpre condena por contrabando. Non houbo grandes consecuencias. De feito, o PP gañou con maioría absoluta nas últimas elecións autonómicas. Tén Galicia unha especial tolerancia cara a certas prácticas de corrupción?
Sen dúbida a tivo. Na época do contrabando non había nada malo no achegamento de políticos a contrabandistas, porque estes non eran figuras mal vistas: moi ao contrario, eran tipo respetados e casi admirados, porque xeraban riqueza e proporcionaban emprego. De aí proveñen estas fotos de Feijoo, dun contexto onde iso no era extrano.
Que anos despois as fotos vexan a luz e non haxa consecuencias, fala de que certa desta tolerancia aínda persiste.
“Farina” vai pola octava edición. Imaxinabas que ía a ter a acollida da que está desfrutando e a que cres que se debe este interese?
Nin nas expectativas máis optimistas podía imaxinar que tivese este éxito. Creo que axudou que o tema narco vive unha especie de moda. Tamén o tratamento que lle dimos o libro, intenta afastarnos dun estilo estrictamente xornalístico e dándolle un pouco de literatura.
Este libro chamaba a berrps por unha adaptación televisiva ou cinematográfica. Moi pronto “Farina” chegará a pequena pantalla. Estiveches involucrado no proceso de producción?
Participo como asesor de guión, axudando na investigación e documentación.
Parece que o do tráfico de drogas é cousa do pasado. Cal é a situación actual do narcotráfico en Galicia?
A realidade é que o narcotráfico segue a ser unha realidade en Galicia. Xa non existen as figura de grandes capos ostentosos, pero segue a haber clans e familias que se adican a introducir cocaína pola costa galega. Os clans latinomaericanos seguen confiando moito nos galegos e o circuito está en pleno funcionamiento. Máis opaco e discreto, pero moi vivo.
Os que desfrutamos enormemente coa lectura de “Fariña” preguntámonos se poderemos ter nas mans un novo libro de Carretero Pou: hai algún proxecto en marcha?
De momento centrado nas reportaxes que fago no xornal El País. Pero espero poder embarcarme noutra historia pronto. O único que sei seguro é que non tratará de narcotráfico. Iso xa me chegou.
コメント