TRIM, o folk galego/luso chega a capital Danesa
- Casa da Cultura Galega en Copenhague (Entrevista
- Mar 20, 2017
- 4 min read

O próximo 6 de Maio a banda galego-portuguesa TRIM chega ao Global de Copenhague.
TRIM é un trío formado por Luís Peixoto, Fernando Barroso e Pedro Fariñas, músicos cunha extensa traxectoria en solitario que no 2014 crearon esta banda coa que están contribuíndo significativamente a ampliala riqueza instrumental da música folk galego/lusa. Con varios premios as súas espaldas, o sonido de TRIM está enraigado nas músicas populares de Galicia e Portugal, mesturando a gaita galega coas cordas, o que aporta un toque innovador ao panorama do Folk actual.
Con motivo da súa primeira visita a Dinamarca, TRIM conversou coa Casa da Cultura Galega en Copenhague.
Aquí vos deixamos coa súa entrevista e esperamosvos o 6 de Maio no Global!
Que significa TRIM?
É uma sigla que inventamos para termos desculpa para tocarmos juntos. Na verdade não significa nada em concreto é apenas um nome inventado que sugere uma espécie de trio! (Luis Peixoto)
TRIM significa recorte. Dados os tempos que corrían, pareceunos axeitado, e como tamén soaba a 'TRíO', rápidamente quedámonos co nome (Fernando Barroso).
Cando se coñeceron Luis, Fernando e Pedro, e de quen xurdiu a idea de crear un grupo?
A idea foi de Fernando, xa que fixo de nexo entre dous proxectos anteriores a TRIM. Un era o dúo Peixoto&Barroso co que gravaron o disco POP, e outro o dúo de Barroso&Fariñas. Ao final decidimos facer un proxecto común despois dunha colaboracion conmigo (Pedro Fariñas)
Coñecín a Pedro e Luís en ámbitos e momentos diferentes. Con Luís Peixoto teño colaborado en múltiples proxectos en Galicia e Portugal. A Pedro xa o coñecía de hai tempo tamén, do ambiente da música folk en Vigo. Cando Luís estivo unha tempada vivindo en Galicia, xurdíu entre os 3 a idea de facer o disco (Barroso).
Podedes nomear algunha das vosas fontes de inspiración?
Júlio Pereira (Peixoto)
Frigg, recolleitas de campo dos propios informantes, cancioneiros como o Castro San Pedro e Folgar ou o de Inzenga así como un largo etcécera de fontes (Fariñas)
Dhafer Youssef, Bach (Barroso)
Que tipo de música escoitades no voso tempo libre?
De todo. Do barroco ao tecno (Peixoto).
Jazz e reggae sobre todo (Fariñas)
Jazz e Clásica (Barroso)
Descríbesevos como una banda innovadora dentro do panorama instrumental folk actual. Como definiríades vós a TRIM?
Power-folk (Fariñas) (risas)
Ben. Innovar a día de hoxe é moito decir. Cordas e gaita nun trío si que é raro de atopar, pero se algo é diferente aquí talvez sexa a música. Podemos falar de orixinalidade, xa que a música é 90% composta por nós os 3. (Barroso)
Que tratades de transmitir coa vosa música?
A nossa música é o resultado de uma partilha de influências de cada um, composições e arranjos. Creo que é isso que acabamos por transmitir (Peixoto).
Ledicia, entusiasmo e amor. Ou entón ganas de danzar (Barroso).
Tedes algunha anécdota que recordedes con especial cariño dende que se formou o grupo?
Estávamos em tomando umas birras na porta de um bar em Santiago de Compostela... levávamos algumas rodadas de brainstorm para descobrir um nome para o grupo. Então surgiu Trim (Peixoto).
E algunha anécdota divertida?
Gañar un premio con Capsicum Modum, o tema que dá comezo ao disco. Ese tema foi arranxado e medio improvisado 1h antes de comezar a gravalo. (Barroso)
Que preferides: directo ou en estudio?
O disco que autoeditamos foi gravado en directo; Directo sempre. (Fariñas)
É a música folk galega una das marcas máis fortes da nosa identidade? Vedes similitudes culturais con países que teñen raíces musicais similares?
Sim a folk galega é um dos nossos pontos de partida, assim como a folk portuguesa. Portugal é um país com quem temos muita historia comum e com estes membros da banda não podemos fugir dessas raizes. (Peixoto)
Dos países nos que levades actuado, onde diríades que a música folk ten mellor acollida?
Países como Francia, Alemania ou Escocia por exemplo... (Fariñas)
Vedes que hai un apetito crecente pola música folk ou é algo que responde a unha etiqueta e vai destinado a un público minoritario?
Evidentemente falamos de músicas minoritarias. Pero mesmo na etapa do 'boom' do folk a mediados dos noventa, eran músicas minoritarioas para públicos moi concretos. Hoxe en día os artistas temos que ir directos ao público epecializado e crear o noso propio grupo de seguidores. A historia mudóu moito nas dúas últimas décadas. (Barroso)
Os tempos mudam mas o folk agora é minoritário, não significa que daqui a 10 anos as pessoas não se fartem do pop agora comercial e passem ao folk como uma moda e esteja no top da indústria da música. (Peixoto)
Cal é a ambición máis grande de TRIM? Onde vos gustaría chegar musicalmente?
O obxectivo de TRIM pasa por facer música e concertos que nos satisfagan persoalmente. Un proxecto musicalmente interesante que nos permita tocar e viaxar. Cada un de nós está traballando nos seus propios proxectos. Así que cando nos xuntamos é para facer cousas que realmente nos apetezan. (Barroso)
A a chegar a fazer uma tourné com Mark knophler e fazer as suas primeiras partes. (Peixoto)
O 6 de Maio esperamos ansiosos o voso concerto en Copenhague! É a primeira vez que tocades en Dinamarca?
Peixoto xa estivo tocando por aquí con outro proxecto, pero como TRIM é a nosa primeira vez en Copenhague. (Barroso)
Comments